A federación

Imaxe de benvida a Transgacar

A Federación Galega de Asociacións de Transporte de Viaxeiros en Autocar, TRANSGACAR, é unha asociación sen ánimo de lucro constituída para a defensa dos intereses do sector do transporte de viaxeiros por estrada de Galicia, representa a todas as especialidades do transporte de viaxeiros por estrada: regular, (de uso xeral é de uso especial), discrecional e urbano, independentemente do tamaño e da localización das empresas.

Constituíuse en Santiago de Compostela, o día 9 de febreiro de 1998, como entidade sucesora da Asociación Empresarial Galega de Transporte de Viaxeiros en Autocar (constituída tamén en Santiago, 20 de decembro de 1.988).

Transgacar, é únha entidade asociativa empresarial de ámbito autonómico, actualmente está integrada por catro asociacións de ámbito provincial: a “Asociación de Empresarios de Transporte de Viajeros de Lugo” (Transgacar-Lugo), a “Asociación Provincial de Empresarios de Transporte de Viajeros por Carretera de Pontevedra”, (Pontecar), Asociación de Empresarios de Transportes de Viajeros en Autocar de A Coruña, (Transgacar-Coruña) e a “Asociación de Empresarios Transportes de Viaxeiros en Autocar de Ourense”. Que contan, con máis de 115 empresas de transporte de viaxeiros por estrada asociadas en toda Galicia, que explotan 98 concesións de transporte de viaxeiros de uso xeral de ámbito autonómico, que supoñen máis do 77% da rede concesional de Galicia, e presta o 70% do transporte público de uso especial de escolares da Comunidade Autónoma, con máis de 1.500 vehículos e de 3.260 empregados.

A súa vez, a Federación Galega, Transgacar, intégrase en CONFEBUS, a “Confederación Española de Transporte de Viajeros en Autoús”.

Esta Federación, presidida na actualidade por D. José Carlos Garcia Cumplido, forma parte do Comité Galego de Transportes, órgano consultivo da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, sendo a organización máis representativa do sector de transporte de viaxeiros en Galicia, con unha clara maioría na sección de transporte regular. Ostenta a Presidencia do Comité Galego de Transportes é tamén unha vocalía na Comisión Permanente o Consello Galego de Transportes e da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

O obxecto de Transgacar é a representación, defensa, e coordinación dos intereses dos empresarios do transporte de viaxeiros en xeral ante todos os organismos, públicos e privados, en calquera ámbito i en particular os dos seus asociados. Ademais de ofrecer aqueles servizos que demanden e necesiten as empresas asociadas.

Neste senso, a Federación Galega, Transgacar, promove as iniciativas necesarias para mellorar a actividade e a competitividade das empresas asociadas, dende o ámbito público, con unha xestión permanente ante o poder lexislativo e o executivo da Comunidade Autónoma e contribúe de maneira decidida a divulgar e mellorar a imaxe do sector, facendo fincapé es destacando os aspectos positivos do transporte público colectivo, como transporte seguro, económico, ecolóxico, sostible, flexible e socialmente rendible, fronte a outros medios, ante os usuarios e a sociedade en xeral.

Xunta directiva
Servizos
Ley de Transparencia

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube