O CONSELLEIRO E O DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE REÚNENSE CO SECTOR

[2013-04-12]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

Na tarde de onte, xoves, o Conselleiro, Sr. Hernández reuniuse cunha representación das catro Federacións do sector de transporte de viaxeiros en autobús de Galicia. No curso da mesma presentou ao sector o proxecto de modernización tecnolóxica do transporte público de Galicia, elaborado pola Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica e solicitou a participación e apoio do sector neste proxecto, emplazando ás Federacións e ás empresas a manifestarse sobre o mesmo.
 

O proxecto, que prevé a creación dun Centro Operativo de Movilidad de Galicia, comporta a instalación a bordo, de cada un dos máis de mil autobuses que prestan servizos regulares de uso xeral, dun sistema de comunicación que permita ter información en tempo real de diversas circunstancias do servizo (posición, viaxeiros transportados etc).


Este é un proxecto ambicioso que ten as súas orixes na pasada década (outros tempos, outra economía) e que se contempla na Lei 5/2009, pero cuxa posta en marcha chega nun momento de especial dificultade económica para as empresas e para a propia administración. A ninguén se lle escapa que o binomi,  redución da poboación (problema demográfico de Galicia) e redución do consumo (derivado da crise económica), comporta unha caída de viaxeiros que en moitas zonas de Galicia, especialmente nas rurais (onde a maior parte das contas de explotación das empresas de servizos regulares de uso xeral están en número vermellos), fai moi difícil acometer proxectos como o que se presenta, por iso haberán de buscarse solucións imaxinativas que permitan reducir os custos e así poder acometer a necesaria modernización destes servizos.

  

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube