Publicouse a Lei do contrato de transporte terrestre de mercadorías.

[2009-11-21]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.
Publicouse no BOE a Lei 15/2009, do 11 de novembro, do contrato de transporte terrestre de mercadorías.

A citada Lei afecta exclusivamente ao transporte de mercadorías, agás no suposto no que transportista de viaxeiros reciba unha remuneración por transportar a bordo do vehículo calquera obxecto que non garde relación directa con algún dos viaxeiros que ocupen praza no vehículo, que se rexerá polo que se establece nesta Lei (disposición adicional segunda).

Así mesmo, esta Lei modifica a Lei 39/2003, do 17 de novembro, do Sector Ferroviario, permitindo a partir do 1 de xaneiro de 2010 ás empresas ferroviarias o libre acceso á Rede Ferroviaria de Interese Xeral para a explotación de servizos internacionais de transporte de viaxeiros (disposición transitoria única. Dous).

Finalmente, establécese a posibilidade para que o Ministerio de Fomento poida elaborar contratos-tipo ou condicións xerais de contratación nos transportes de viaxeiros contratados por coche completo, incluídos os regulares de uso especial, que se aplicarán de forma subsidiaria ou supletoria aos que libremente pacten as partes.
O presente Lei entrará en vigor aos tres meses da súa publicación no BOE, o vindeiro 12 de febreiro de 2010.

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube