Tussa de Santiago fará mais de 6.000 enquisas sobre o transporte público

[2009-11-13]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.
A empresa municipal que xestiona o transporte urbano de Santiago de Compostela, Tussa, realizará máis de 6.000 enquisas a cidadáns sobre as súas necesidades de mobilidade, o transporte público urbano e do metropolitano. Con iso, Tussa pretende coñecer a demanda e as valoracións da poboación.

O obxectivo dos cuestionarios é optimizar os servizos ofertados ao coñecer o perfil dos viaxeiros no que a itinerarios, destinos e necesidades de desprazamento se refire.

As enquisas levaranse a cabo entre decembro e xaneiro para abordar dous períodos distintos (as datas previas a Nadal, de gran afluencia, fronte ao período vacacional escolar, con menor fluxo). Faranse telefonicamente e abordarán todas as liñas existentes na rede.

A iniciativa, realizada co fin de ter unha perspectiva xeral de cara a unha posible reestruturación, xorde das demandas de ampliación do servizo polos cambios urbanísticos que tamén lle veñen dando na cidade, segundo explicou Carlos Nieves, concelleiro de Transportes do Concello.

Os resultados da sondaxe servirán tamén aos responsables municipais para a realización dun Plan de Mobilidade, de índole máis xeral.

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube