Axudas á formación do sector do transporte

[2009-11-17]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.
Resolución do 13 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de febreiro de 2009 pola que se convocan para o ano 2009 as axudas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia (Diario Oficial de Galicia número 41, do 27 de febreiro).

Por medio da resolución da Dirección Xeral de Transportes (actualmente Dirección Xeral de Mobilidade) do 25 de febreiro de 2009, ditada ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 107, do 4 de xuño), modificada pola Orde do 9 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, convocáronse as subvencións previstas pola Consellería de Política Territorial, Obras Pública e Transportes (actualmente Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia.

Unha vez terminada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei de subvencións de Galicia, debe darselles publicidade ás subvencións concedidas.

En consecuencia, resolvo publicar como anexo as subvencións concedidas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2009.
Miguel Rodríguez Bugarón
Director xeral de Mobilidade

Anexo

Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para 2009 (aplicación orzamentaria: 2009.08.04.512A.481.1)

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios, ao abeiro do que se establece nos artigos 2.2 e 3.2 da resolución de convocatoria.

1. Asociación Empresarial de Aluguer de Vehículos con e sen Condutor de Galicia (Galeval): 22.000 euros.

2. Asociación Provincial de Empresarios de Servizo de Transporte por Estrada (Servicar): 11.000 euros.

3. Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Frigorífico e de Mercadorías de Pontevedra (Atefrimer): 11.000 euros.

4. Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Discrecional de Viaxeiros por Estrada (Asemvidi): 11.000 euros.

5. Federación Empresarial de Transportes de Mercadorías por Estrada de Galicia (Fetram): 117.075 euros.

6. Asociación Empresarial de Transportes de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor): 55.000 euros.

7. Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Discrecional de Mercadorías de Pontevedra (Asetranspo): 37.382,5 euros.

8. Federación Galega de Servizos de Transportes en Autobús (Fegabus): 66.000 euros.

9. Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer): 330.000 euros.

10. Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (Fegataxi): 63.900 euros.

11. Federación Galega de Transportes en Autocar de Galicia (Transgacar): 44.000 euros.

12. Asociación Provincial de Servizos Discrecionais e Regulares de Viaxeiros da Coruña (APSDRV): 11.000 euros.

13. Asociación Coruñesa de Empresarios do Transporte (Ascentra): 44.000 euros.

14. Asociación de Empresarios de Transporte Río Miño (Aetram): 17.932,5 euros.

Total: 841.290 euros

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube