NOVAS CONCESIÓNS XG600 A XG743 E XG800 A XG891.SUBROGACION DO PERSOAL

[2020-11-27]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

SUBROGACION DO PERSOAL DE CONDUCCIÓN NUNHA CONCESION XG ADXUDIACADA A UNHA UTE.

A Dirección Xeral de Mobilidade confirma o criterio feito público por TRANSGACAR no senso de que  o persoal de condución das empresas saíntes, con dereito a subrogación segundo os termos do Acordo Marco Galego es dos Convenios provinciais, deberá ser subrogado nas empresas que integran a UTE entrante. Pon así fin a conflitividade que una interpretación contraria, feita por unha central sindical, tiña provocado no sector.

Así a DXM ven de facer publico que:

“De acordo co artigo 43.1.b) da LOTT, o outorgamento da autorización de transporte público estará condicionado a que a empresa solicitante acredite "cando non se trate dunha persoa física, ter personalidade xurídica propia e independente da de aquelas persoas que, no seu caso, a integren".

A Lei 18/1982, do 26 de maio, de réxime fiscal de agrupacións e unións temporais de empresas e sociedades de desenvolvemento rexional establece no seu artigo 7. Dous, que a Unión Temporal de Empresas non terán personalidade xurídica propia.

Os Pregos de Condicións dos contratos XG600 ao XG743 e o dos XG800 ao XG891 recollen que: “No caso de que o adxudicatario sexa unha Unión Temporal de Empresas, o persoal de condución só poderá ser empregado para prestar os servizos de transporte nos vehículos cuxa autorización de transporte público de viaxeiros corresponda á empresa na que estean dados de alta.”

Con base no anterior, tendo en conta que unha UTE, en canto non ten personalidade xurídica propia, non pode ter autorizacións de transporte público ao seu nome, os condutores terán que estar dados de alta nas empresas que si podan ser titulares das ditas autorizacións, neste caso, ás empresas participantes da UTE, pero non na propia UTE.

Polo tanto, o anterior non constitúe propiamente unha limitación do procedemento de licitación senón que se trataría dunha esixencia directa da normativa sectorial aplicable, esixencia que, en cambio, non resulta de aplicación ao resto de persoal que preste servizo no contrato, tal como acompañantes de menores en servizos integrados, persoal de taller, persoal de oficina, ou análogo.

Polo tanto, o persoal conductor terá que estar dado de alta obrigatoriamente, na empresa da que dependa -e pola que está contratado-e que forma parte dunha UTE.”

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube