O SECTOR DO TRANSPORTE VALORA MOI POSTIVAMENTE O ACORDO DA XUNTA DE ADIANTAR OS FONDOS COVID AO TRANSPORTE PÚBLICO

[2020-11-26]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA UN NOVO PAGAMENTO DE 20 MILLÓNS DE EUROS DO FONDO ESTATAL DE COMPENSACIÓN ÁS EMPRESAS DE TRANSPORTE PÚBLICO POLA  CAÍDA DA ACTIVIDADE  POLA COVID-19

 

 A Xunta, con esta  achega e as anticipadas nos últimos meses, completa o importe total comprometido de máis de 28 millóns de euros

 Trátase de achegar liquidez ao sector do transporte para poder garantir a prestación dos servizos públicos e manter os empregos

Os servizos de transporte de competencia autonómica rexistraron reducións de usuarios que acadaron o 95% nos momentos máis álxidos da emerxencia sanitaria

 As compensacións que lle corresponden a cada concesionaria calcularanse segundo a diminución da demanda, os custos da adaptación dos servizos e o incremento dos custos de explotación por mor da crise sanitaria

 

O Consello da Xunta autorizou hoxe o acordo para realizar un novo pagamento de 20 millóns de euros do fondo estatal para compensar as empresas de transporte público pola  caída da actividade derivada da covid-19.

O Goberno galego, con esta achega aprobada hoxe e os anticipos realizados nos últimos meses, completa o importe total comprometido de máis de 28 millóns de euros.

Con esta iniciativa, preténdese achegar liquidez ao sector do transporte para garantir a prestación dos servizos públicos e manter os empregos.

O fondo creado compensa a cada concesionaria o impacto da crise sanitaria desde a primeira declaración do estado de alarma ata o 31 de decembro de 2020.

Como consecuencia das restricións de mobilidade derivadas da covid-19, os servizos de transporte de competencia autonómica rexistraron reducións medias de usuarios que acadaron niveis superiores ao 95% nos momentos máis álxidos da emerxencia sanitaria.

Non obstante, as concesionarias deberon manter un volume de oferta de servizos axeitado para garantir a mobilidade das persoas e o seu acceso aos seus postos de traballo ou a outras actividades esenciais.

Ademais, a prestación dos servizos viuse afectada tamén polo reforzo das medidas de seguridade sanitaria, como a desinfección dos vehículos, a posta á disposición dos usuarios de xeles desinfectantes ou outras indicacións que se foron establecendo ao longo destes meses.

Neste sentido, a compensación a cada concesión calcularase segundo a diminución da demanda, os custos fixos a consecuencia da adaptación dos servizos autorizada pola Administración e o incremento dos custos de explotación por mor da crise sanitaria.

Unha vez aprobado o acordo, nun prazo de dez días a contar desde a entrada en vigor desta orde, a Dirección Xeral de Mobilidade comunicará ás concesionarias o importe que lle corresponde.

As empresas disporán dun prazo de cinco días, desde a comunicación da anterior información, para confirmar a aceptación da indemnización calculada pola Administración.

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube