AS EMPRESAS DO TRANSPORTE DEIXAN A MESA TRIPARTITA FARTAS DAS MENTIRAS

[2017-07-06]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

Denuncian que a conselleira non contou con ninguén para facer o plan, que segue sen ningún apoio e que lle dan igual nenos, traballadores e empresas

As empresas do transporte deixan a mesa tripartita fartas das mentiras de Vázquez

·        Anetra, Fegabús e Transgacar esperan que o presidente da Xunta ofreza unha explicación crible e lóxica sobre a negativa de Ethel Vázquez a buscar o consenso co sector e sobre o estraño proceso de adxudicación da redacción do plan a consultoras de confianza

 

Santiago (5-07-17).-Decepción absoluta das federacións de transporte de viaxeiros por estrada en Galicia Anetra, Fegabús e Transgacar ao constatar que a titular de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que nalgún momento do conflito que vive o sector pareceu que quería acercar posturas, está en realidade completamente entregada na defensa do seu Plan de Transporte Público, un proxecto que só apoia ela, elaborado en gran parte por consultoras próximas á Consellería e que prexudicará gravemente a traballadores e empresas.

Tras o novo encontro de hoxe con Xunta e sindicatos, os representantes empresarias declaráronse fartos “das mentiras” que verte a conselleira desde o inicio do proceso, unhas manifestacións que inicialmente achacaron á influenza das devanditas consultores pero que hoxe é evidente que son lanzadas por Vázquez de forma completamente consciente, co único obxectivo de que o tempo siga avanzando para que chegue o momento de impor o seu proxecto.

Non é verdade que na redacción do Plan se contara co sector, pois as empresas coñeceron o seu contido cando se publicaron os anteproxectos, do mesmo xeito que a día de hoxe tampouco saben nada de como van ser os proxectos definitivos, para o que onte e esta tarde viron claramente que tampouco se lles está a ter en conta.

Non é verdade que o Plan recibira algún tipo de apoio externo, pois as anpas ata chegaron a facer pública unha nota de prensa falando da “mentira vergoñosa” da Xunta de Galicia. Tampouco é certo que os nenos vaian recibir algúns pasaxeiros nos seus buses escolares, senón que serán eles os que subirán a coches de liñas regulares, unha idea que xa se aplicou hai moitos anos en Galicia e que fracasou estrepitosamente.

Foi ela ademais a que proclamou días atrás que “as concesións non se poden quitar e poñer a dedo”, pero tamén foi ela a que decidiu unilateralmente extinguir os contratos de transporte escolar garantidos ata o ano 2020 para diluír os servizos en liñas regulares, condenando a moitas pequenas e medianas compañías a un futuro inexistente ou moi complexo.

Tampouco teñen nada que ver coa realidade as supostas garantías para a subrogación, pois o proxecto que coñecemos nin a contempla nin a permite nunhas condicións razoables, e sen dotación económica suficiente, falar de subrogación é simplemente enganar.

E sobre a mensaxe que insistentemente reitera de que o seu Plan é a única vía legal posible, sen aportar ningún informe nin explicación xurídica, as tres federacións xa non saben como dicirlle que o seu ofrecemento de manter todos os servizos despois de agosto, para darlle tempo a reformular o Plan, é un camiño completamente lícito, pois pode ampliar por un ano máis o prazo que ela mesma fixou como data de caducidade da obriga imposta ás empresas para seguir atendendo as rutas mentres tramitaba e redactaba o proxecto.

 

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube