A XUNTA SIGUE A DECIR QUE TEN A VERDADE ÚNICA. MAIS ALO DO SEU PLAN NADA É POSIBLE

[2017-06-28]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

As federacións están cada día máis convencidas de que a posición inflexible de Ethel Vázquez responde ao seu interese por tratar cunha única multinacional

Esténdese o temor a que a Xunta queira deixar morrer a rede de pequenas empresas de transporte

·        Anetra, Fegabús e Transcargar ven con preocupación os síntomas de que o conflito está a endurecerse, tras repetirse hoxe a presión dos piquetes para evitar a prestación dos servizos mínimos.

 

·        Acusan á Administración de pretender asimilar modelos de transporte integrado distintos e residuais doutras comunidades co que se pretende implantar en Galicia, así como realidades sociais moi diferentes, só para manter tranquilos a pais e nais.

 

·        As últimas mensaxes de Vázquez sobre o conflito tampouco son certas: o seu Plan de Transporte é hoxe unicamente un anteproxecto e polo tanto non hai ningún impedimento legal para retiralo, e o suposto prazo límite do mes de agosto foi a propia Xunta quen o fixou en base a unha norma comunitaria á que pode recorrer de novo, se hai vontade,  para amplialo.

 

 

Santiago (28-06-17).-Cuarta xornada de folga no sector de transporte de viaxeiros por estrada e dúas sensacións que se están a estender: que o conflito está a endurecerse sen que a Xunta reaccione e que esta pasividade da Administración pode responder e un interese específico por deixar morrer a rede de pequenas e medianas empresas do sector galego, co obxectivo final de favorecer a algunha firma multinacional das que dominan a actividade en España.

A esa crenza contribúe a sucesión de mensaxes que se lanzan dende a Consellería desde semanas atrás para defender o Plan contra todo e contra todos e que van mudando ou desaparecendo segundo se vai destapando a súa disparidade con respecto á realidade (o transporte a demanda ten agora un peso mínimo no Plan, as Anpas nunca apoiaron o proxecto, o modelo de integración do transporte escolar no regular que propón á Xunta non é o TES+BUS, as pequenas empresas só poderán concorrer en UTE…).

Deste xeito, os últimos apuntes de Ethel Vázquez sobre o conflito volven resultar incorrectos. Di que os servizos xurídicos lle impiden retirar o seu Plan de Transporte Público, pero en realidade se trata só dun anteproxecto, sen máis rango legal, polo que non existe ningún impedimento para paralizalo. E tamén insiste en que agosto é o prazo límite co que se atopou, cando foi a propia Xunta quen o fixou en base a unha normativa comunitaria á que tamén pode volver recorrer para amplialo, cuestión para a que as federacións empresarias amosáronse reiteradamente dispostas a colaborar.

Nunha liña similar enmárcase a operación de imaxe que iniciou onte a conselleira coa comparecencia conxunta con seu homólogo en Castela e León, pretendendo asimilar modelos de transporte integradodistintose residuais doutras comunidades co que se pretende implantar en Galicia, así como realidades sociais (poboación ou dispersión xeográfica) moi diferentes, só para tentar manter tranquilos a pais e nais.

Anetra, Fegabús e Transgacar viron hoxe como a presión dos piquetes volveu a impedir a prestación de servizos mínimos en moitos casos, nunha xornada de folga de incidencia de novo masiva, superior ao 80%.

Apegada da folga faise visible

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube