A VERDADE DO CONFLICTO NO TRANSPORTE DE VIAXEIROS DE GALICIA

[2017-06-28]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

UNHA SAÍDA SIMPLE PARA A FOLGA DO TRANSPORTE

­

Miles de galegos e centos de empresas están a sufrir estes días as consecuencias dunha folga que a Xunta de Galicia podería evitar cun simple paso: aparcar o Plan de Transporte Público que sostén ela soa.

Non obstante, esa decisión está véndose condicionada polas constantes terxiversacións coas que a propia Administración trata de defender o proxecto, nunha absurda e inexplicable posición que nega lexitimidade ás críticas xerais.

 

Non houbo renuncia, as liñas caducaron.A Xunta foi quen  lanzou no 2009 un plan de modernización que finalmente anulou o Tribunal Supremo, provocando a caducidade das liñas regulares, moitas delas totalmente deficitarias. A pasividade crónica da Administración para afrontar un plan de reestruturación deses servizos regulares totalmente ruinosos deixou unha única saída as empresas, e foi a propia Xunta a que decidiu situar esa caducidade no vindeiro mes de agosto.

 

Nada se para en agosto se a Xunta quere.A Administración ten a potestade con base na normativa europea para ampliar este prazo por un ano máis. Ademais, as empresas reiteráronlle en varias ocasións o seu ofrecemento para seguir atendendo os servizos a partir de agosto para dar tempo á elaboración dun proxecto alternativo ao seu Plan de Transporte, un documento elaborado con rigor, calma e profesionalidade, e realizando un traballo de campo previo que reflicta a realidade e dea resposta ás necesidades do sector, tanto para empresas como para traballadores e usuarios.

 

O plan provocará despedimentos e precarización.A conselleira non se cansa de repetir que a subrogación dos traballadores está garantida por Lei, pero a realidade é que o seu proxecto nin a contempla nin permite que se produza nunhas condicións razoables, pois condena a contratar ao persoal por horas e a salario base. E no caso dos autónomos (propietarios e fillos), que son maioría en moitas zonas de Galicia, á rúa sen alternativa.

 

O plan é simplemente un recorte máis da Administración.O aforro de cartos para a Administración é en realidade o obxectivo máis evidente do proxecto da Xunta, pois en primeiro lugar dilúe o transporte escolar no regular, escondendo un contundente abaratamento do que hoxe abona por alumno, e a maiores realiza valoracións de custos de liñas completamente leoninas.

 

Condena ao peche ás pequenas empresas de autobús do rural.Tras moitos días negando esta terrible consecuencia, a conselleira xa recoñece que a única saída para moitas pequenas compañías é a de asociarse en UTE para optar aos novos contratos, pois do contrario terán que pechar. A realidade é que a actual situación pode motivar que “unha gran empresa das que operan en España” poida facerse co transporte en Galicia.

 

O transporte escolar desaparece. Non é o TES+BUS, non van subir uns poucos pasaxeiros a autobuses escolares no rural, son os rapaces os que pasan a ser considerados usuarios normais dunhas liñas regulares de autobús. Federacións, sindicatos de traballadores e Anpas apoian e aplauden o TES+BUS, que é basicamente o servizo que xa está a funcionar con éxito en Galicia e noutras comunidades. Pero o que agora está sobre a mesa é a desaparición do transporte escolar (a Consellería de Educación cala) e a súa integración nun servizo regular, unha fórmula que xa se empregou hai moitos anos en Galicia e que fracasou estrepitosamente.

 

A Xunta enfróntase a demandas masivas das compañías de transporte escolar. As infundadas afirmacións da Xunta sobre o futuro do transporte escolar van esencialmente dirixidas a nais e pais que asisten como espectadores a este conflito e aos que se intenta manter relativamente tranquilos. As empresas están abocadas a unha dura pelexa xudicial, pois os seus contratos de transporte escolar estaban garantidos por Lei ata o ano 2020 e a Administración decidiu unilateralmente privalas deles.

 

O plan é unha interminable sucesión de desatinos.Fluxos de tráfico orientados en sentido contrario, horarios imposibles, percorridos por estradas que non admiten vehículos máis grandes que un turismo, servizos a equipamentos desaparecidos, rutas irracionais, colexios sen parada, chegadas a centros educativos con previsión de notables retrasos… O plan é un desastre. A Xunta decidiu contratalo a algunha consultora de confianza e o resultado foi nefasto. Encargar o traballo ao seus propios Servizos Provinciais, co apoio do sector, sería unha decisión moito máis lóxica e axeitada.

 

Só co diálogo pódese avanzar.Ninguén pode afirmar que a súa é a única opción válida, en particular cando esta é froito da présa, do traballo improvisado dunhas consultoras alleas á nosa realidade. O diálogo, a transparencia e a participación de todos os interesados son as únicas fórmulas que poden permitirnos achegarnos ao éxito na planificación dun importante servizo público.

 

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube