DESACOUGO NO SECTOR POLA PARÁLISE DA XUNTA ANTE O DESASTRE DA FOLGA DO TRANSPORTE

[2017-06-21]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

 

Os empresarios cren que a Administración baralla non facer nada para impor o seu Plan de Transporte Público a pesar de non contar con ningún apoio

 

Desacougo no sector pola parálise da Xunta ante o desastre da folga do transporte

·   

     A incidencia do paro foi hoxe incluso maior que o día anterior

 

Santiago (21-06-17).-A tibia resposta da Consellería de Infraestruturas e Vivenda no primeiro día de folga no transporte de viaxeiros por estrada, cunha nota de prensa na que se limitou a pedir que se atenderan os servizos mínimos e facer unha chamada ao diálogo pero sen que conste sequera que se molestara en contactar con empresarios e traballadores, deixou un notable desasosego no sector, que hoxe comprobou de novo que a incidencia do paro, como onte, foi igualmente masiva.

As federacións Anetra, Fegabús e Transgacar seguen esperando unha reacción da Administración para frear a folga e non esconden a súa impaciencia porque a Xunta se decida canto antes a volver a sentar ás partes e retomar o debate sobre a imprescindible paralización e reformulación do seu novo Plan de Transporte Público. Pero en realidade empeza a estenderse no sector a convicción de que a conselleira baralla non facer nada e impor unha vez máis o seu proxecto a pesar de que non conte con ningún apoio, nin das empresas, nin dos traballadores, nin das Anpas.

O balance da folga non pode ser máis desastroso, cun impacto igual ou superior ao de onte e intervencións duns piquetes que con carácter xeral están a impedir ás empresas atender os servizos mínimos, salvo parcialmente na área de Vigo, onde algunhas compañías si puideron cumprilos.

 

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube