A XUNTA DESCONVOCA A REUNIÓN PREVISTA COS SINDICATOS E PATRONAL

[2017-06-20]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

 

Os piquetes bloquearon a saída de vehículos das principais cocheiras e estacións de autobuses dende primeira hora da mañá e impediron o cumprimento dos servizos mínimos

O sector espera unha reacción inmediata da Xunta para parar a folga do transporte

·        As tres principais federacións empresariais estiman o seguimento a folga por riba do 80 por cento

 

Santiago (20-06-17).-As federacións de transporte de viaxeiros en autobús en Galicia Anetra, Fegabús e Transgacar esperan unha reacción inmediata da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para frear a folga que desde esta mañá mantén completamente paralizado o sector en Galicia. Os representantes empresariais, que onte mesmo insistiron ante a Xunta na súa disposición a retomar o diálogo conxunto coa conselleira e os sindicatos, e coa paralización e reformulación do novo Plan de Transporte Público como horizonte ineludible, viron hoxe con preocupación como o seguimento do paro situouse por riba do 90%, coas provincias de Lugo e Ourense como principais escenarios.

Fegabús e Anetra calcularon entre o 90 e o 100% o impacto da folga nas súas compañías, mentres que Transgacar estimouno nun 90% en Lugo e Ourense, e por riba do 70% en Pontevedra e A Coruña, incidindo en que a actuación dos piquetes dende primeira hora impediu a actividade nas principais cocheiras e estacións de autobuses, co bloqueo incluso do cumprimento dos servizos mínimos. As empresas están a sufrir perdas económicas moi importantes, e lamentan e condenan ademais enerxicamente o prexuízo que se está a causar a miles de usuarios dun servizo público básico como o transporte.

Tras o fiasco de onte derivado da decisión unilateral da Consellería de cambiar o horario e o formato da negociación, citando a empresas e sindicatos por separado, as federacións confían en volver canto antes ao punto en que quedou o conflito o pasado venres, cando todas as partes se comprometeron a traballar para buscar unha solución administrativa factible que reconduza a situación provocada polo novo Plan de Transporte Público.

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube