[2017-06-20]
Os piquetes bloquearon a saída de vehículos das principais cocheiras e estacións de autobuses dende primeira hora da mañá e impediron o cumprimento dos servizos mínimos
· As tres principais federacións empresariais estiman o seguimento a folga por riba do 80 por cento
Santiago (20-06-17).-As federacións de transporte de viaxeiros en autobús en Galicia Anetra, Fegabús e Transgacar esperan unha reacción inmediata da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para frear a folga que desde esta mañá mantén completamente paralizado o sector en Galicia. Os representantes empresariais, que onte mesmo insistiron ante a Xunta na súa disposición a retomar o diálogo conxunto coa conselleira e os sindicatos, e coa paralización e reformulación do novo Plan de Transporte Público como horizonte ineludible, viron hoxe con preocupación como o seguimento do paro situouse por riba do 90%, coas provincias de Lugo e Ourense como principais escenarios.
Fegabús e Anetra calcularon entre o 90 e o 100% o impacto da folga nas súas compañías, mentres que Transgacar estimouno nun 90% en Lugo e Ourense, e por riba do 70% en Pontevedra e A Coruña, incidindo en que a actuación dos piquetes dende primeira hora impediu a actividade nas principais cocheiras e estacións de autobuses, co bloqueo incluso do cumprimento dos servizos mínimos. As empresas están a sufrir perdas económicas moi importantes, e lamentan e condenan ademais enerxicamente o prexuízo que se está a causar a miles de usuarios dun servizo público básico como o transporte.
Tras o fiasco de onte derivado da decisión unilateral da Consellería de cambiar o horario e o formato da negociación, citando a empresas e sindicatos por separado, as federacións confían en volver canto antes ao punto en que quedou o conflito o pasado venres, cando todas as partes se comprometeron a traballar para buscar unha solución administrativa factible que reconduza a situación provocada polo novo Plan de Transporte Público.
Sede:
C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D
15701 Santiago (A Coruña)
Teléfono:
(981) 59 75 00
Fax:
(981) 59 86 20
Correo electrónico: