TRANSGACAR CELEBRA UNHA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA EN LALIN

[2015-10-14]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

Os empresarios do sector de transporte de viaxeirros reuníronse o sábado 26 de setembro en Lalin para analizar os moitos problemas que estas empresas teñen por diante, entre outros:

- A actualziación do IPC dos anos 2013 a 2015, que terá que facerse nos anos 2016 a 2020. A aplicación da cláusula de revisión do prezo destes contratos en función da variación anual do prezo do gasóleo. A finalización dos contratos de transporte escolar no ano 2.020,

- Os requerimentos da Axencia Tributaria Galega, con vistas a valorar se a prórroga  dos contratos de xestión de servios públicos de transporte, entre outros, os recollidos pola lei 5/2009,  deben de tributar polo imposto de transmisions patrimoniais.

- A contratación do SAE, que desenrrola GMV como contratista da Xunta de Galicia.

-A finalización do Acordo Marco sobre Transprote nas Áreas Metropolitanas o 31 de decembro de 2015, xunto coa elaboración do plan de penetracións nos cascos das cidades para mellorar a mobilidade dos usuarios dos servizos de transporte público  de uso xeral.

A problemátia que deriva da aplicación da Disposición Adicional 12 da lei de reestruturación do sector público galego, alterando a configuración do actual sistema de mobilidade.

Os asistentes coincidiron en señalar que o sistema de mobilidade en Galicia, vai  sufrir grandes cambios, a curto plazo, pero descoñecese cal será o futuro deste e logo das  empresas do  sector e,   que se espera delas o que dificulta, se non fai imposible, que estas continuen invertindo e apostando por Galicia. 

 

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube