O PRESIDENTE DA XUNTA ANUNCIA MEDIDAS PARA FINANCIAR AS PEMES

[2014-05-02]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

 

FEIJÓO ANUNCIA UN PAQUETE DE FINANCIAMENTO PARA APOIAR 1.000 NOVOS PROXECTOS EMPRESARIAIS A TRAVÉS DUNHA BATERÍA DE MEDIDAS QUE MOBILIZARÁN 200 MILLÓNS DE EUROS

 

§  Subliña que o Programa Galicia 1000 facilitará novos avances na rexeneración do tecido produtivo, a recapitalización das empresas e a execución de novos investimentos polas empresas en disposición de investir e crear emprego na comunidade

§  Salienta a necesidade de habilitar instrumentos financeiros axeitados para promover a rexeneración e recapitalización das empresas, algo que será fundamental para consolidar a recuperación da economía e a xeración de emprego

§  Facilitarase o acceso ao crédito a través de fondos de capital risco, préstamos, bonificacións de tipos de interese e avais

§  Os préstamos Jeremie configúranse como unha iniciativa pioneira quepermite avanzar na eficiente utilización dos fondos europeos cun retorno continuo para o tecido empresarial

§  Bonificaranse os tipos de interese dos préstamos e microcréditos outorgados polas entidades financeiras

§  Feijóo lembra que entre o ano 2009 e o ano 2013 se deron máis avais e máis préstamos que os concedidos pola Xunta desde que existe

 

Santiago, 30 de abril de 2014.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras o Consello da Xunta, a aprobación do Programa Galicia 1000, un paquete financeiro para apoiar 1.000 novos proxectos empresariais a través dunha batería de medidas que mobilizarán 200 millóns de euros.

 

Feijóo subliñou que se trata dun programa “importante” para conseguir facilitar novos avances na rexeneración do tecido produtivo; para facilitar a recapitalización das empresas; e para facilitar a execución de novos investimentos polas firmas en disposición de investir e crear emprego na comunidade.

 

Neste contexto, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou a importancia dun programa que reforza as ferramentas dispoñibles co obxectivo de “cubrir todas as necesidades financeiras do noso tecido empresarial e facilitar o acceso ao crédito”. Para isto, destínanse 50 millóns a través de catro instrumentos financeiros: fondos de capital risco, préstamos, bonificacións de tipos de interese e avais.

 

Conde resaltou as posibilidades que ofrece unha “actuación realista” que achega aos empresarios e emprendedores galegos un paquete integral de financiamento para dar resposta ás súas necesidades actuais. “O primeiro grupo de actuacións suma 32,5 millóns de euros en iniciativas centradas en fondos de capital risco e préstamos participativos”, apuntou Conde. Deste xeito, financiaranse 70 operacións que permitirán reforzar o capital, actuar en sectores estratéxicos ou apoiar proxectos que impulsen a atracción de investimento cara Galicia.

 

 

Así mesmo, proseguiu Conde, “destinamos 8 millóns de euros a préstamos Jeremie, unha iniciativa pioneira en Galicia que permitirá outorgar préstamos ás empresas con fondos europeos, dando resposta ás súas necesidades para afrontar investimentos que impulsen a súa competitividade”. Desta forma, segue a avanzarse na eficiente utilización dos fondos europeos cun retorno continuo para o tecido empresarial.

 

O terceiro grupo de actuacións suma máis de 2 millóns de euros para bonificar os tipos de interese dos préstamos e microcréditos outorgados polas entidades financeiras canalizados polo ICO. O obxectivo, salientou o titular de Economía e Industria, é “favorecer o emprendemento e a competividade en condicións máis vantaxosas, e achegar liquidez para desenvolver as súas actividades”.

 

“Por último –proseguiu-,  a cuarta ferramenta de financiamento que seguimos a poñer a disposición dos empresarios galegos son os avais”. Achéganse aquí 7,5 millóns para avalar operacións de acceso ao circulante, tanto para reforzar proxectos xa existentes como para impulsar a creación de novas empresas.

 

Deste xeito, se na pasada lexislatura a Xunta apoiou con avais e préstamos as empresas galegas, consciente de que os últimos anos de crise económica debilitaron tanto os recursos propios das industrias como a súa posición global para acadar financiamento alleo nas entidades financeiras, Feijóo salientou a necesidade de habilitar instrumentos financeiros axeitados para promover a rexeneración e a recapitalización das empresas, que será fundamental para consolidar a recuperación da economía e a xeración de emprego.

 

Así, o Goberno galego segue a dar os pasos necesarios para facilitar o acceso ao financiamento do tecido empresarial, explicou o presidente, quen lembrou que “entre o ano 2009 e o ano 2013 se deron máis avais e máis préstamos que os que concedeu a Xunta de Galicia desde que existe. Imos, a partir do ano 2014, a proseguir este camiño, con algunhas modificacións, dado que a situación económica está mudando tibiamente, acompañando aos emprendedores, agora que os indicadores, como digo, empezan a sinalar tibiamente algún mecanismo”, afirmou. Este é precisamente o obxectivo do Programa Galicia 1000 aprobado hoxe polo Consello da Xunta coa finalidade de darlle á promoción da actividade empresarial un impulso que contribúa a consolidar a recuperación económica que comezan a reflectir os principais indicadores.

 

.

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube