PLAN DE MODERNIZACION DAS CONCESIONS DE SERVIZO PUBLICO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS DA XUNTA DE GALICIA

[2014-02-27]

abrir en pdf para imprimir

Imaxe da nova.

SISTEMAS DE AXUDA A EXPLOTACION. (SAE)

De conformidade coa Resolución de 1 de febreiro, de 2.014, da Dirección Xeral de Mobilidade, as concesión de servizo público de transporte de viaxeiros de uso xeral que non renunciaron a prorroga prevista na Lei 5/2009, dentro do plan de modernización deben de dotarse dun sistema de axuda a explotación, que permita acceder a seguinte información en tempo real:

  • Localización automática dos vehículos, que permita coñecer o posicionamento en     tempo real dos vehículos mediante localización GPS. Para iso, será necesario facilitar a recompilación dos seguintes datos: identificador do contrato, liña-ruta, servizo, vehículo, condutor e posición GPS.

   • Regulación do servizo, que permita coñecer o desfase do vehículo respecto da posi­ción prevista. Para iso, será necesario facilitar a recompilación dos seguintes datos: identi­ficador do contrato, liña-ruta, servizo, vehículo, condutor, posición GPS, distancia próxima parada e próxima parada.

   • Ticketing, información xerada sobre o sistema de pagamento. Para iso, será necesario facilitar a recompilación dos seguintes datos: identificador do contrato, liña-ruta, servizo, vehículo, condutor, orixe/destino, medio de pagamento.

Para cumprir con esta obriga as empresas poderán dotarse dun  centro de control local e xestión de explotación propio (SAE) que reenviará a información o CONGA ( Centro Operativo de Mobilidade de Galicia) de acordo cos protocolos que a Administración determine ou adherirse, antes do 28 de febreiro,  o sistema que poñerá en marcha a Xunta de Galicia,  empregando de forma permanente o COMGA de acordo cos protocolos e criterios de deseño, operatividade e seguridade que a Administración estableza, aboando una cuota mensual que cubrirá todos estes servizos.

.

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube