Renovación del título de conductor profesional (Certificado de Aptitud Profesional)
Dirigido a todos los conductores
35 horas
Ser titulares do certificado de aptitude profesional acreditativo da formación inicial e atoparse en posesión dun permiso de condución en vigor C, C+E, D, D+E.
Presenciais
Para calquera clase de permiso.
1. Formación avanzada sobre condución racional baseada nas normas de seguridade.
1.1 Obxectivo: Coñecer as características da cadea cinemática para optimizar a súa utilización.
Contido: Coñecemento do vehículo; curvas de par, potencia e consumo específico dun motor; zona de utilización óptima do cuentarrevoluciones; diagramas de cobertura das relacións da caixa de cambio de velocidades; mantemento mecánico básico.
1.2 Obxectivo: Coñecer as características técnicas e o funcionamento dos dispositivos de seguridade a fin de dominar o vehículo, minimizar o seu desgaste e previr as anomalías de funcionamento.
Contido: neumáticos; freos; límites de utilización dos freos e ralentizadotes; selección da mellor combinación entre velocidade e relación de transmisión; utilización da inercia do vehículo; utilización dos medios de ralentización e de freado nas baixadas; accións que deben adoptarse en caso de fallo.
1.3 Obxectivo: Poder optimizar o consumo de carburante.
Contido: Optimización do consumo de carburante mediante a aplicación das técnicas indicadas nos puntos 1.1 e 1.2
2 Aplicación da regulamentación.
2.1 Obxectivo: Coñecer o medio social do transporte por estrada e a súa regulamentación.
Contido: O tacógrafo; duración máxima da xornada laboral específica do sector dos transportes; principios, aplicación e consecuencias dos Regulamentos (CEE) número 3821/85 e (CE) número 561/2006; sancións en caso de non utilización, mala utilización ou manipulación fraudulenta do tacógrafo. Coñecemento do medio social do transporte por estrada: dereitos e obrigas do condutor en materia de cualificación inicial e de formación continua.
3 Saúde, seguridade viaria e medioambiental, servizo, loxística.
3.1 Obxectivo: Ter conciencia dos riscos da estrada e os accidentes de traballo.
Contido: Tipoloxía dos accidentes de traballo no sector do transporte; a importancia do cumprimento das normas de tráfico e seguridade viaria; iluminación e sinalización óptica; os accidentes de tráfico, a magnitude do problema; estatísticas dos accidentes de circulación; implicación dos vehículos pesados; dinámica dun impacto e consecuencias humanas, materiais e económicas do accidente; os grupos de risco; os factores de risco ( a velocidade, o alcohol, as drogas tóxicas, as enfermidades e os fármacos, o sono, a fatiga, o estrés); a condución preventiva; condución en condicións adversas; contaminación e accidentes.
3.2 obxectivo: Ter conciencia da importancia da aptitude física e mental.
Contido: A condución, unha tarefa de toma de decisións; actitudes e capacidades básicas para unha condución segura; estado físico do condutor; principios dunha alimentación sa e equilibrada, efectos do alcohol, os medicamentos ou calquera outra substancia que poida modificar o comportamento; síntomas, causas e efectos da fatiga e o estrés; papel fundamental do ciclo básico actividade/repouso.
3.3 Obxectivo: Ter capacidade para avaliar situacións de urxencia.
Contido: Seguridade activa e pasiva; comportamento en situacións de urxencia, actuación en caso de accidente de tráfico; intervención, sensibilización e educación vial ( formación individualizada); as normas de tráfico e a seguridade viaria ( debate grupal, dinámica de grupos) avaliación da situación; prevención do agravamento de accidentes; aviso os servizos de socorro; auxilio aos feridos e aplicación dos primeiros socorros; reacción en caso de incendio; evacuación dos ocupantes do vehículo; reaccións en caso de agresión, principios básicos da declaración amigable de accidente.
Sede:
C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D
15701 Santiago (A Coruña)
Teléfono:
(981) 59 75 00
Fax:
(981) 59 86 20
Correo electrónico: