
A Federación Galega de Asociacións de Transporte de Viaxeiros en Autocar, TRANSGACAR, é unha asociación sen ánimo de lucro para a defensa dos intereses do sector do transporte de viaxeiros por estrada de Galicia, representa a todas as especialidades do transporte de viaxeiros por estrada: regular, (de uso xeral i especial), discrecional e urbano, independentemente do tamaño e a ubicación da empresa.
Constituiuse en Santiago de Santiago de Compostela (A Coruña), o día 9 de febreiro de 1998, como entidade sucesora da Asociación Empresarial Galega de Transporte de Viaxeiros en Autocar (Santiago 20 de decembro de 1.988).
Transgacar, é unha entidade asociativa empresarial de ámbito autonómico, actualmente está integrada por catro asociacións de ámbito provincial, a Asociación de Empresarios de Transporte de Viaxeros de Lugo (Transgacar-LUGO), a Asociación Provincial de Empresarios de Transporte de Viajeros por Carretera de Pontevedra, (PONTECAR), Asociación de Empresarios de Transportes de Viajeros en Autocar de La Coruña, (Transgacar-CORUÑA) e a Asociación de Empresarios de Ourense de Transportes de Viajeros en Autocar, (ORENCAR). Que contan, con mais de 129 empresas de transporte de viaxeiros por estrada asociadas en toda Galicia, con 1.146 vehículos e 2.865 empregados.
A súa vez, a Federación Galega, Transgacar, intégrase en ASINTRA, a Federación Española de Transporte de Viajeros en Autocar.
Esta Federación, presidida por D. Raúl López López, forma parte do Comité Galego de Transportes, órgano consultivo da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, na sua sección de transporte de viaxeiros, sendo a organización maioritaria no que se refire o transporte público de viaxeiros. Igualmente o Presidente de Transgacar, ostenta o cargo de Presidente do Comité Galego de Transportes. Transgacar, é tamén membro da Comisión Permanente o Consello Galego de Transportes e da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.
O obxeto de Transgacar é a representación, defensa, e coordinación dos intereses dos empresarios do transporte de viaxeros en xeral ante todos os organismos, públicos e privados, en calquer ámbito i en particular os dos seus asociados. Ademais de ofrecer aqueles servizos que demanden e necesiten as empresas asociadas.
Neste senso, a Federación Galega, Transgacar, promoverá as iniciativas necesarias para mellorar a acticiadade e a competitividade das empresas asociadas, e globalmente, contribuir de maneira decidida a divulgar a imaxen real do sector (seguro, económico, ecolóxico, flexible e socialmente rentable) os usuarios e a sociedade en xeral.


Sede:
C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D
15701 Santiago (A Coruña)
Teléfono:
(981) 59 75 00
Fax:
(981) 59 86 20
Correo electrónico: